Joselu Moreno
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 3 de marzo de 1991 (33 anos) Cartaya, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 177 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 70 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2009 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
José Luis Moreno Barroso, nado o 3 de marzo de 1991 en Cartaya (Huelva, Andalucía), é un futbolista profesional español da canteira do Villarreal, que xoga como dianteiro no CD Tenerife da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Cartaya, provincia de Huelva, Joselu naceu nunha familia humilde, quedándose a xogar ao fútbol ás noites debido a que os seus pais estaban a traballar.[1] Tras varios anos xogando ao fútbol, pasou formar parte das categorías inferiores do Recreativo de Huelva. Alí, tras ser gravado por un empregado do club, varíos equipos se interesan por el, entre eles o Atlético de Madrid, o FC Barcelona, o RCD Espanyol e o Villarreal CF, equipo polo que finalmente asinaría. Os motivos que alegou para escoller o equipo castellonenco foron a familiriadade de club e as súas instalacións, por riba de motivos económicos.[1] Alí foi subindo polas categorías inferiores do club, até chegar en 2009 ao Villarreal C, onde no seu primeiro ano sería o máximo goleador da categoría con 19 goles, sendo o segundo máximo goleador na temporada seguinte con 27 tras Paco Alcácer (con 28).
As súas boas actuación levárono a xogar simultaneamente co Villarreal B da Segunda División. Na temporada 2011–12 márcase un destacábel comezo temporada con 5 goles en 224 minutos (un gol cada 45 minutos), sendo ademais o primeiro xogador na historia do fialial do Villarreal en conseguir un hat-trick en Segunda. Esta boa actuación lévao a debutar en Primeira División co primeiro equipo, con quen xoga ademais tres partidos da Champions League. Ao ano seguinte vaise cedido ao Córdoba, onde permanecere un ano. Ao ano seguinte deixa o seu club de toda a vida e asina co principal club da súa provincia natal, o Recreativo, para a temporada 2013–14. Alí permanece até xaneiro de 2015, abandonando o club debido á difícil situación económica da entidade,[2] e asinando polo RCD Mallorca. Tras o final da temporada, o 28 de agosto asina polo Club Deportivo Lugo[3] para as seguintes dúas temporadas, con opción a unha máis.[4] Despois dun ano se moito protagonismo no cadro lucense, na temporada 2016–17 consegue converterse no máximo baluarte do equipo, conseguindo ser o máximo goleador da categoría con 23 goles, o primeiro na historia do club.
Clubs
[editar | editar a fonte]Club | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
Villarreal C | Terceira | 2009–2010 | 24 | 19 |
Villarreal B | Segunda | 2009–2010 | 2 | 0 |
Villarreal C | Terceira | 2010–2011 | 16 | 27 |
Villarreal B | Segunda | 2010–2011 | 5 | 1 |
Villarreal B | Segunda | 2011–2012 | 29 | 11 |
Villarreal | Primeira Champions League |
2011–2012 | 11 3 |
0 0 |
Córdoba | Segunda | 2012–2013 | 26 | 3 |
Recreativo | Segunda | 2013–2014 | 36 | 7 |
Recreativo | Segunda | 2014–2015 | 19 | 3 |
Mallorca | Segunda | 2015 | 19 | 2 |
Lugo | Segunda | 2015–2016 | 19 | 5 |
Lugo | Segunda | 2016–2017 | 39 | 23 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Melero, Javier (8 de outubro de 2011). "Joselu, el goleador compulsivo". El País (en castelán). Consultado o 30 de agosto de 2015.
- ↑ "Joselu se va porque la situación de impagos "era insostenible"". Marca (en castelán). 15 de xaneir ode 2015. Consultado o 30 de agosto de 2015.
- ↑ "O Lugo asina a Joselu, dianteiro procedente do Mallorca". CRTVG. 28 de agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2015. Consultado o 30 de agosto de 2015.
- ↑ "Joselu, nuevo jugador del CD Lugo". CD Lugo (en castelán). 28 de agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 30 de agosto de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1991
- Nados en Cartaya
- Futbolistas de Andalucía
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Villarreal CF C
- Xogadores do Villarreal CF B
- Xogadores do Villarreal CF
- Xogadores do Córdoba CF
- Xogadores do Recreativo de Huelva
- Xogadores do RCD Mallorca
- Xogadores do CD Lugo
- Xogadores do Granada CF
- Xogadores do Real Oviedo
- Xogadores do CD Tenerife